As Jornadas decorreram
em 19 e 20 de Outubro com uma
organização impecável da Associação da Escritoras e Escritores em Língua Galega e o patrocínio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
Conclusões das V Xornadas de Literatura de Tradición Oral:aqui
Os mouros e
as mouras: máxicos enigmáticos da mitoloxía popular, é o explicativo título das
quintas Xornadas de Literatura de Tradición Oral, que se celebrarán os días 19
e 20 próximos no salón de actos da Deputación, organizadas pola Asociación de
Escritores en Lingua Galega. Catro expertos falarán destes personaxes aos que
se lles atribúe non so todo tipo de actuacións fora do normal, senón tamén
moitas obras públicas. Polo menos esa foi a opinión expresada na presentación
no pazo de San Marcos a cargo dos escritores Isidro Novo e Antonio Reigosa, e
do deputado de Cultura, Mario Outeiro.Con anterioridade as xornadas estiveron
dedicadas ao demo, á morte, ao lobo e ás lendas urbanas.Reigosa lembrou que
mouro non é sinónimo de moro, senón que están nas nosas orixes e débenselles
moitas actuacións. «Logo viñeron os romanos, que tamén fixeron cousiñas», dixo.
Diferenciou entre mouro e moura, no só polo xénero senón polo tipo de
actuacións. Aos primeiros débense pontes, mámoas castros e outras obras de
imprecisa orixe. As mouras tiñan poderes relacionados co tempo e con outros
asuntos máis domésticos.Pola súa banda, Isidro Novo detallou o programa, para o
que está solicitada a Consellería de Educación a homologación por dez horas. O
día 19, dende as cinco da tarde intervirán Rafael Quintía, sobre Mouros e
mouras. Na procura de nós mesmos, e Alexandre Parafita, que falará de Mouros
históricos e mouros míticos: dualidades e complementariedades. Rematará a
xornada cunha mesa redonda.O día 20, desde ás dez da mañá, Mar Linares
disertará sobre Mouras e mulleres: as imaxes femininas na mitoloxía popular
galega, e Jesús Suárez López, sobre Os mouros e os seus tesouros no imaxinario
popular asturiano. A sesión matinal rematará coa segunda mesa redonda, e pola
tarde, as conclusións, que despois serán editadas.
«Os sinos foram, durante séculos, um valioso meio de comunicação, em especial nas zonas rurais. Davam às comunidades as notícias alegres e tristes, tantas vezes empoladas pelo critério emocionado dos sineiros que imprimiam cunhos pessoais no manuseio dos badalos» (...)